É
complicado resumir ou destacar algo da semana pasada porque,
politicamente, estamos coas mesmas, é dicir, sen goberno e con
pactos e contrapactos nos concellos e Deputacións de toda España.
Logo, para máis aquel, tamén seguimos coas distribucións das áreas
dos concellos, coas dedicacións exclusivas e, faltaría máis, cos
soldos. A causa destes, o buraco
que nos están facendo é tan grande que a sangría empeza a encher
caldeiros de paciencia. E
temos moita paciencia. A máis partidos políticos,
máis pactos, más cartos e máis sangría. Non rematando aí o
asunto, vemos que, en proporción, saen mellor pagados os soldos dos
elixidos nos
concellos pequenos. Normal, se a un concello de menos de mil ou dous
mil habitantes lle metes tres ou catro dedicacións exclusivas, alá
vai o burro coas noces, digo co presuposto municipal.
Como
deses asuntos xa escribín algún Pingas de Orballo e incluso tamén
o anterior Recuncho Hebdomadario, cambio de terzo e vou unha vez máis
a unha das miñas paixóns: o fútbol. Do que, neste verán, non me
queixo. Pensei que ó acabar a Liga, xa remataba todo por un tempo.
Pero resulta que me enganchei á Selección
Española Sub
21, á Copa América e ó Mundial Feminino. O
da Sub 21 rematou xa a semana pasada, a Copa América e o fútbol
feminino acaban de rematar.
Agora si que é
verdade que “o deporte da
masa” acabou
ata o 18 de agosto (négome a ver trofeos de verán ou partidos
amigables). Total, un mes sen fútbol. Tampouco é tanto. Necesitamos
un descanso. Ademais, hai que pillar folgos porque a partir do 18, o
Celtiña empeza forte de carallo. Nada máis e nada menos que co
“gallito” de primeira división, ou sexa, co Florentino. A partir
de aí saberemos como responderá o equipo
vigués, xa que, vaia!, os dous seguintes
partidos tamén son dous ósos duros de roer: Valencia e Sevilla.
Tres partidos para ver e analizar as posibilidades do único
equipo galego que nos representa en primeira división (o ascenso do
Depor quedou en
auga de bacallau), deste novo Celta que
espero, confío e desexo que nos dea alegrías e non os sufrimentos
desta tempada que menos mal que xa queda para o recordo.
Finca
Fierro. Sábado, 6 de xullo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario