Xa estamos tan afeitos ós naufraxios
das pateras que empezamos a pasar un pouco das noticias, das pequenas
novas que saen nos xornais, porque, tamén é verdade, que cada vez
ocupan menos espazo, menos liñas nas súas páxinas. Por exemplo,
hai xa algúns días, en Túnez, naufragou unha patera con 81
desaparecidos e, nada, un pequeno recantiño nunha páxina dos
periódicos. Se o naufraxio fose nun país “civilizado”, todos os
medios de comunicación estarían analizando os por ques, os prós e
as contras, a altura das olas, a madeira da patera ou a elasticidade
do bote, a circunferencia do flotador, as millas que levaban
percorridas e as millas ou metros que faltaban para arribar ó seu
destino.
Así mesmo, usarían algunha páxina máis ou algún informativo extra para distribuír ós ocupantes da patera en xénero, idade e circunstancias, para rematar, iso si, cunhas biografías exhaustivas de todos os afogados. Para concluír, por suposto, nunha calamidade chea de mala sorte. Mentres que, a realidade, amosábanos tan só un número exacto: 81 e o demais, que máis dá, eran simples inmigrantes que que carallo ían buscar a outros países. Estamos tan afeitos que nos volvemos inmunes antes as calamidades da nosa existencia. E hai moitas. Pero quen as padecen son os demais, os inadaptados, os negros, os mouros, os inferiores, os baldroeiros.

Finca Fierro. Domingo, 14 de xullo de
2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario