Unha
semana máis (e van...) a política está nese punto morto que, polo
menos a min, xa me cansa, xa me aburre; confesando, iso si, que nunca
fun nin quero ser un politicólogo. Ademais, se hoxe non temos
goberno non é porque eles (uns e outros) non saiban pactar, senón
porque nós non soubemos
votar. Así é que, veña, ánimo e a ver se para as próximas
eleccións atinamos mellor na diana.
Porque isto semella que vai dereitiño coma un rego a novos comicios.
Aínda
que diga que a política está nese punto morto, entendeuse
perfectamente que é en relación ó asunto de formar goberno.
Porque, sinceramente, a política non para nunca, está sempre
actuando. O que pasa é que moitas veces faino pesimamente
e sempre vai en
contra dos máis necesitados. Por exemplo, dos labregos. A
pesar de que estes son a base esencial da vida. Porque a terra é a
que dá a vida. E a terra trabállana os labregos. Agora Facenda
quere multar ós gandeiros que non declaren a cesión dos dereitos de
pago único da PAC. E como van facer? Se o
que están facendo é unha cesión, non unha venda. Ademais, que lle
andan rebuscando a un dereito que, ó mellor, non chega nin ós 100
euros. Ademais, moitas das cesións son entre familiares, polo que
non hai ningunha transferencia de cartos.
Xa co sector
vitivinícola
queren facer o mesmo. Empezan a obrigar a asegurar a todos os
xornaleiros que participan nas vendimas. Vendimas que, moitas veces,
son de tan só dous ou tres días. Pero ti tes que perder antes un
día para presentar uns papeis nos que tes que asegurar, por exemplo,
a un familiar. Porque nas vendimas pasa como nas cesións dos
dereitos de pago único: que quen realmente participa neses traballos
é a familia ou amigos íntimos (que é coma se foran familia). Non
me estraña que o sector primario, no noso país, estea sempre de
capa caída. Normal, con todo o que foi, é e será atacado. Porque
non temos dous dedos de fronte. Que todo sae da terra! Á
agricultura, ó gandeiro, ó labrego sempre lle puxeron atrancos que
tivo que superar a base de bágoas suor e... Por
Deus bendito, se nin tan sequera poden ter galiñeiros! Xa
chega! Basta xa!
Finca
Fierro. Sábado, 27 de xullo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario