Quero marchar para esconderme detrás
da Porta de Alcalá, pero tardarei moito en chegar. Porque estou
debaixo da Ponte das Cabras, en Baños de Molgas. Nada, simplemente
me atopo contemplando os peixes do río Arnoia. Xa case non se ven.
Cada vez hai menos. Estamos extinguindo o mundo. As especies do
mundo. As cousas do mundo. Non temos conciencia. Por certo, por que á
miña se lle deu por pensar na Porta de Alcalá. Ó mellor é que
quero facer de Víctor Manuel e cantarlle á Ponte das Cabras. A
verdade é que o tema musical daría para moito. Para moitos versos e
retrousos.
Non crucei eu veces esa ponte! Cando ía para Os Milagres. Cando ía para o monte Medo coas vacas ou para Detrás das Poulas ou para o Outeiro Barbeiro. Incluso ás veces cando paraba nos Lamas, nos lameiros do Trono, e a pesar de que eu e as vacas torciamos á dereita, xusto onde empeza a ponte, digo que ás veces botábame a correr e cruzábaa. Polo mero feito de cruzala. Simplemente por lle tocar ás varandas de ferro; unhas veces coas mans, outras veces coa vara; para facer ruído, ou música. Sabíalle dar certos ritmos musicais ós golpes das varas. Eu, naqueles tempos, era un artistiña para todo. A Ponte das Cabras, a ponte dos paseos practicamente diarios, a ponte dos recordos, a ponte á que lle puña musiquiña da infancia, ou sexa, inocente.

Pizzaría Vivaldi da Valenzá. Xoves,
18 de xullo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario