viernes, 13 de septiembre de 2013

A MAIORÍA SILENCIOSA


              Ás veces ata eu mesmo me teño que quitar o sombreiro ante os do PP. Polo que traballan (buscan os votos nas cociñas dos veciños e instalan farois ou acondicionan patios) e polo listos que son. Demasiado listos. Tan listos que inventan o concepto da maioría silenciosa. Podía ser o título dunha película. É o título deste relato. Sempre teñen por onde escapar; ou ben botándolle a culpa ós demais ou ben botando man daqueles españois ós que a apatía os mantén nas casas ou ós que pasan olimpicamente da política; pero non querendo dicir isto que non saiban o que está a pasar no noso país. A ver, señores do Partido Popular, a maioría silenciosa existirá sempre, aínda que se debata a fin do mundo. Poño o exemplo do fútbol ou Olimpíadas (entendo que son os acontecementos que máis xente moven); analicen as audiencias televisivas (12 millóns?) e verán que tamén aquí hai maioría silenciosa (porque ata os corenta e pico millóns, quedan uns cantos, non si?). Con respecto ás manifestacións, máis do mesmo; non todos podemos asistir ás mesmas, pero aínda que non se asista, non quere dicir que non se estea de acordo co asunto a debater. O caso é que din co corazón aberto o da maioría silenciosa. Agora viren un pouco as tornas, ou sexa, cando afirman algo non pode haber unha maioría silenciosa que está en contra? Ou nas súas afirmacións non e nas dos outros si?


              Café Paco Paz de Ourense. Venres, 13 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario