viernes, 6 de septiembre de 2013

VITICULTORES SEN BODEGAS


              Hoxe non me queda outra opción que escoller unha noticia tan só da semana pasada, e non é sobre a futura guerra con Siria. Aínda que a palabra guerra case a podo encaixar na loita que imos manter máis dun cento de viticultores coas bodegas e coa Xunta de Galicia. Porque esta é a auténtica nova que máis me angustia hoxe; que moitos aínda non temos bodegas ás que lle vender as uvas e estamos nun tris de deixalas colgadas nas cepas e de abandonar as viñas. O que máis doe é que estas te avisen con tan só dous meses de antelación da vendima, cando xa gastaches a tira e máis de cartos nas viñas (xa non digo nada do traballo de cada un). Despois algúns pasmóns sairán nos medios dicindo que no Ribeiro todo vai vento en popa. É certo, vento en popa van as adegas; que sempre queren negociar os prezos á baixa, e resulta que, segundo algún sindicato, desde 2006 o prezo da uva baixou un 50%. Señores responsables da Xunta, como en quince días isto non teña solución, aí lles quedan centos de miles de uvas tiradas e unha morea de hectáreas abandonadas para o futuro pasta das lapas. E non vale que á última hora as recollan, porque se sabe que se o fan, as van a pagar a 20 céntimos. A este prezo, señor Feijoo e señora Rosa Quintana, quedan colgadas ou estrulladas na propia viña, porque non estamos dispostos a que, aínda por enriba, se rían de nós. Haberá que empezar a pórlle nome ás bodegas e a certas marcas.


              Maceda. Venres, 6 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario