lunes, 2 de septiembre de 2013

A TEORÍA DAS LINGUAS MINORITARIAS


              Xa hai tempo que lin a noticia, pero nunca é tarde para comentala. Porque é desas noticias polas que non pasa o tempo, incluso irá a peor. Pois todos sabemos que o débil, o minoritario sempre será atacado. Pero os mesmo que atacan cometen logo a incongruencia de pedir a salvación, de pedir perdón. Aí vai a nova: “Os eurodeputados piden que se aprenda a lingua minoritaria desde idade temperá”. Igualiño, igualiño que o que lle acontece ó galego; lingua minoritaria que ata os propios galegos renegamos dela.. E temos unha Xunta apropiada para defendela desde a infancia; reducíndoa de tal forma que non tardará en ser tan só unha casa, un cadrado nas estatísticas. Algúns pais, tan só algúns, marcarán a casa  da ensinanza en galego, pero xa se encargará a Xunta (coa felicitación, por suposto, de Galicia Bilingüe) de pasar polo arco da vella a lingua nai. Estou por apostar que eses eurodeputados están en Bruselas para soltar, teoricamente, a frase. A práctica xa é outro cantar.


              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Venres, 30 de agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario