martes, 3 de septiembre de 2013

HEROES DO DEPORTE


              Os ciclistas empezan a subir o porto, un porto calquera. Empeza o máximo esforzo. Empeza a facer o corazón blum-blum, blum-blum e os músculos das pernas ténsanse de tal maneira que semellan correas. Tres escapados. O pelotón a un minuto e trinta segundos. Unha moto diante deles e outra, cunha cámara televisiva, detrás. O helicóptero enfoca desde as alturas o pelotón. Un encoro na imaxe. Algún dos ciclistas xa empeza a rinchar os dentes. E aínda quedan máis de doce quilómetros de subida. Os esforzados da ruta amosan as pernas e os brazos de cor negra, medio queimados. Como queiman as calorías nesas subidas que rebentan, que fan botar espuma pola boca. Ás veces soben auténticos muros! Deporte sacrificado. Deporte bonito. O que máis me gusta. Incluso máis có fútbol. Once quilómetros para a meta. Non lles queda nada! Subindo. Retorcéndose nas curvas. Subindo. Paisaxe áspera xa. Subindo. Outros tres que saltan do pelotón. Hai que deixar de escribir para atender, para ver a estes heroes do deporte.


              Café Pacp Paz de Ourense. Luns, 2 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario