sábado, 21 de septiembre de 2013

SEN ANDAR CON DÍAS SANTOS


              Cando lles interesa, “hai que respectar as institucións  e as sentenzas da xustiza”. Cando non lles interesa, e como di o Beiras, “mexan por riba do tribunal”. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar que o Goberno de Feijóo ten que acatar no prazo máximo dun mes as sentenzas que anulan parte de dous artigos de “decreto do plurilingüismo”. Pois ben, sen andar con días santos, a Consellaría de Educación xa presentou recurso contra o auto, é dicir, xa se dispón a gastar unha morea de cartos, que saen dos nosos petos, con tal de non abdicar. Porque nos recursos gástase unha morea de cartos; empezarán a formar comisións de investigación, comisións de seguimento, comisións de análise, comisións de estudo. E seguirán así. Porque así fixeron sempre… tirar pedras contra o propio tellado. O Partido Popular o que quere é discriminar a nosa propia lingua. O que queren é implantar normas para que supoñan un retroceso no uso do noso idioma. Xa a moitos dos propios galegos nos custa “dejar el castellano”, como para que a Xunta lle pegue un empuxonciño máis á súa desaparición. Mais hai que facer coma eles; se acusaban ó bipartito de impoñer o galego, un servidor acusa ó PP de impoñer o castelán. Certo, a min non me respectarán… mexarán por riba de min.


              Finca Fierro. Venres, 20 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario