jueves, 12 de septiembre de 2013

NON ME CAE A CASA ENCIMA


              Un chisquiño amazocado a causa da canseira que traio comigo, logo de ler andando preto dunha hora. Pero síntome tan a gustiño lendo. Síntome tan a gustiño andando. Aínda que despois me queixe dos pés. Pero agora xa estou descansando, diante dun café, escribindo e contemplando, unha vez máis, a fin dunha etapa da Volta Ciclista. Á miña dereita, e fóra da cafetaría, claro está, adestra Xoel ó baloncesto. Son unha mestura de xogadores do ABO e do COB. Este ano seica chegaron a ese pacto; o baloncesto de base estará composto do ABO e do COB. A min dáme igual; o caso é que xogue, que compita, que faga deporte, que se entreteña e non se tire dúas horas diante dunha maquiniña, ordenador, móbil ou televisión. Certo que tanto el coma Alán me traen coma unha marioneta, pero xa teño dito que isto me gusta... con tal de non estar pechado na casa. Xa mo dicía sempre miña nai: “a ti non che cae a casa encima, non oh”. Eu, sinceramente, procuro que non me caia.


              Café Paco Paz de Ourense. Mércores, 11 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario