miércoles, 4 de septiembre de 2013

BENVIDAS AS VOLTAS E REVIRAVOLTAS


              Sempre me queixo da trasfega cos rapaces, pero a verdade é que xa tiña mono da mesma. Por fin volveron as voltas e reviravoltas ós adestramentos de baloncesto. Empezan as présas. Un rapaz, a un pavillón; o outro, a outro . Xoel, tales días. Alán, outros. Este, a tal hora; aquel, a tal outra. Ansiedade polo aparcamento. Isto, isto é o peor de todo ese baile. Pero todo ten a súa recompensa. A miña consiste en case ou sen case dúas horas para a lectura e a escritura, ou de parola coa muller, aínda que a esta téñolle un chisco de medo, por aquilo dos paseos vendo escaparates. Outra recompensa consiste en botarlle unha ollada ós propios adestramentos e ver cómo evolucionan os rapaces. A éxtase final chega co propio partido, no que estou por apostar que me divirto eu máis cós fillos, no que gozo animando ó ABO. Sempre me gustou exteriorizar os meus sentimentos e son dos que animo con ganas e de corazón. Benvidas sexan as voltas e reviravoltas. Que raio!, eu son a salsa do ABO!

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.

              Martes, 3 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario