martes, 17 de septiembre de 2013

O LÍDER DO COLEXIO


              Corvea o corvo desde o alto dun fío da luz e Abdías Lucero mira de esguello pola fiestra do coche. Vai camiño da aldea coa música a todo volume, mentres deixa escapar os pensamentos á época de cando estudaba no colexio que estaba á beira do mar. Era un colexio con mestres estritos e con rapaces bastante delincuentes. Os pais adoitaban internalos alí para que, precisamente, non lles desen moito traballo. O medo imperaba os primeiros días e o paso do tempo puña a cada un no seu sitio. Axiña sabían ata ónde podían chegar nas súas trasnadas. Abdías Lucero foi dos que primeiro pillou o ambiente que se vivía alí. E tamén foi dos primeiros que crearon cuadrillas para a distribución do tabaco furtivo. Eran tempos nos que fumar era un luxo, e máis sendo cativos coma eles. Os castigos aí si adoitaban ser fortes, duros, pero Abdías era medio raposeiro para todo e nunca o pillaron co tabaco, nin tan sequera cometendo ningunha outra falcatruada. Non tardou en converterse no líder do colexio.


              Café Paco Paz de Ourense. Venres, 13 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario