martes, 3 de septiembre de 2013

MASOQUISMO FÓRA DE CONTEXTO


              Somos raros. Máis do que pensamos. E recreámonos, deleitámonos coas desgrazas. Envorcallámonos coma porcos nos infortunios, nas calamidades. Resulta que estes días dedicámonos a facer turismo a Angrois. Xa nos quedan pequenas as praias, montañas e cidades. Agora queremos ver o lugar da catástrofe; a maldita curva, a puta vía do tren. Non é por nada, pero eu a isto chámolle masoquismo, perversión, con algo incluso de sadismo. E digo tamén que somos uns hipócritas, unhas pobres persoas que queremos vivir realitys a diario e de corazón. Entendo perfectamente que se coincide pasar por Angrois, lembres o accidente, te acordes dos mortos e sufras por eles, é dicir, que lle botes unha ollada ó lugar; pero ir a pé feito contemplar a puta curva e a maldita vía do tren, creo que se sae de contexto. Deixemos en paz ós mortos. Podémolos recordar e incluso rezar por eles sen analizar in situ o lugar, as imaxes, o desastre, os berros, as queixas, a dor...


              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Venres, 30 de agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario