jueves, 5 de septiembre de 2013

A MALDITA REUMA


              Demo de rapaz!. Mira que dicirme que son vello. Porque me apoio nun caxato a causa da reuma. Eu, Tadeo Simple Rollo, fillo de Nuria Rollo, a Toupeira, teño tan só 50 anos e non son un vello. O rapaz o que ten é moita malicia e moita mala uva. Eu, que corrín e aínda corro polas corredoiras de Tallós detrás dos xabarís, que nadei coas troitas do río Arnoia pola presa das Lamas, e que choutei desde as gallas dos castiñeiros do Carril... cómo vou ser un vello se aínda me ferve o sangue. Así mo di sempre a señora Moraima Sandiós, de alcume A Mora, “ai, neniño, como che ferve o sangue!”. E chámame precisamente neniño! Só o mocoso do rapaz me di que son un vellorro. A Mora semella unha moura; pero é unha boa muller. A min chámame neniño. Teño 50 anos e tamén son fillo de Ubaldo Simple, o Intelixente. Vaia alcume do carallo! Será polo reverso do adxectivo; a súa intelixencia brilla pola súa ausencia. Eu si son intelixente, acabo de formar un pareado. Non son un vello. Demo de rapaz! É a maldita reuma!

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.

              Martes, 3 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario