martes, 3 de septiembre de 2013

PEGADO Á PAREDE


              Quedo pegado á parede. O medo paralízame. Un dinosauro da época... xa sabedes, daquela época está a cheirarme o embigo. O meu embigo anda ó aire. Porque naquela época aínda non había camisas de nailon. Quero cuspirlle nun ollo ó dinosauro, pero éntranme as dúbidas en cal cuspirlle; no dereito ou no esquerdo? Se lle cuspo no dereito igual lle parece mal. Se lle cuspo no esquerdo igual me chapa dun bocado. Cagadiño de medo. Procuro non respirar. Ó mellor o maldito dinosauro ten boa vista (ata poida que vexa mellor por un ollo que polo outro) e se ve cómo a miña tapa torácica sobe e baixa (a causa da respiración, aclaro), é capaz de chaparme tamén por isto. O dilema é grande. Que dilema? O de respirar? O de saber por que ollo ve mellor? Pois non sei. O único certo é que sigo pegado á parede cagadiño de medo. O dinosauro, canso de uliscarme o embigo, esbirrou con tanta intensidade que me puxo perdido. Duchoume coas súas baballas e xa pensei que afogaba. Niso marchou. Deixei escapar o aire e desapeguei da parede.


              Café Paco Paz de Ourense. Luns, 2 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario