jueves, 19 de septiembre de 2013

POLOS CERROS DE ÚBEDA


              Demo de can! Mira que querer mexar na roda do coche! Marcha can! E o can fuxiu co rabo entre as pernas. Anda que... se non chega a marchar, ía saber de qué leña era vara que levo na man. De Baldomero Sillón Ruiz non se ri nin un can!. Eu son o tal Baldomero, fillo da Cuca, por mal nome. A miña nai, en realidade, chámase Isolda Ruíz. Perdón, chamábase. Hai anos que morreu, a pobre. Hai tantos anos que, ás veces, esquézome que está morta. Perdón, naiciña, pero... Pero, ó mellor, a ver se esa enfermidade con nome tan raro está facendo xa das súas. “Baldomero, non te vaias polos cerros de Úbeda”, di o meu pensamento. Ou polo Outeiro do Corno, que me queda máis a man. Ves, ves, algo regula mal xa na miña cachucha; empecei co can e xa ía en Xaén. Pois anda que non correu o can de carallo! Cando cheguei á beira do coche, vin que o can non conseguira mexar na roda. Por pouco, pois ó lado o chan estaba mollado. O can era de Caio, o Toxeiro, veciño da miña aldea. Son de aldea. “Baldomero, os cerros de Úbeda”. Perdón.

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.

              Mércores, 18 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario