jueves, 19 de septiembre de 2013

O MACARTHISMO DE FEIJÓO


              Entendo, sei e tamén afirmo que os pirómanos son uns criminais e que os hai que tratar desta maneira. Pero ós auténticos, non ós presuntos. É moi grave o declarado polo noso presidente Feijóo para que se anoten as matrículas dos coches que saian dos bosques galegos. Acaba de poñerse á altura de McCarthy, aquel senador que lanzou a vergonzosa “caza de bruxas” americana. Señor presidente, paso moitas noites por unha zona inmensa chea de piñeirais e non son un pirómano e, moito menos, un criminal. Póñase agora nesta situación: paso o piñeiral unha noite e, por un casual (perdón, por un pirómano criminal), empeza a arder o bosque. Alguén, seguindo a súa caza de bruxas, anota a matrícula do meu auto; en que situación me vexo?. É moi fácil poñerse serio ou farruco na época incendiaria, cando sabe perfectamente que os lumes apáganse no inverno. Non queren limpar os montes no inverno por non pagar cuadrillas, e agora resulta que pagan brigadas, avións, helicópteros, soldados e, para máis aquel, quedámonos igual sen montes. A súa política contra o lume é paupérrima. Resúltalle máis fácil iniciar unha caza de bruxas.

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.

              Mércores, 18 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario