lunes, 22 de junio de 2015

A AGUANTARSE, E PUNTO



 
               Ásanse os paxariños. Iso din cando quenta moito. Agora mesmo pódese dicir que queima, que caen raios de lume desde a estrela máis grande. Pero é igual, todo consiste un buscar unha sombra, ou boquexar coma os peixes, ou tirarse ó río de cabeza desde a ponte romana de Baños de Molgas. Meterse nun frigorífico non é solución. Nin comer xeados un detrás doutro; estes só dan sede. O mellor de todo, incluso mellor cá sombra, é aguantarse, e punto. A ver, non queda outra! Nin tan sequera queixarse. Se te queixas moito pódeche caer o de “mira, tío, pégate un tiro!, ou búscate a vida!”. Eu dígoo sempre: o verán é fodido! No inverno, por moi baixas que sexan as temperaturas, podes botar unha ou máis mantas encima e xa máis ou menos vences o frío. Pero no verán... no verán como non arrinques a pel a tiras! E quen é o chulo que se fai así mesmo a camiseta do Atlético de Madrid. Agora mesmo vexo a unha muller abanicarse. Nada, segue toda colorada, toda sufocada a causa da calor. O dito, a aguantarse, e punto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario