miércoles, 17 de junio de 2015

MÁIS VALE PREVIR QUE LAMENTAR




               “A dama da noite”. Acabo de collelo na biblioteca da Valenzá. Libro galego de Xavier Seoane. Bonito título. Para un libro. Para unha película. Ata creo que xa hai unha así. Falo de memoria. Cando pase estas liñas no ordenador (escribo nunha libretiña feita por min), consultarei o dato no San Guguel, que o sabe todo, e xa confirmarei. (Boa memoria, película de 1925). Non sei cando empezarei a lelo. Porque aínda me quedan por ler 234 páxinas de “A derradeira confidencia do escritor Hugo Mendoza”, ó que o escritor Joaquín Camps lle meteu, coma quen non quere a cousa, 797 páxinas en castelán, tres menos das 800. Por que pillo, entón, tan axiña “A dama da noite”. Porque son un degoirado, un ansioso e sempre penso que: ó mellor non podo ir á biblioteca ata vai saber cando, ou non sexa o demo que liquide esas 234 nun ai, nun tris e me quede coas mans baleiras, ou se por un casual pasa algo, ou se... E así traballa a miña cabeza. Solución: máis val previr que lamentar. Menos parola; vou coller pola rúa Picouto abaixo e lerei paseando á beira do Barbañica. Hai que rematar axiña un para empezar co outro. Imos alá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario