lunes, 15 de junio de 2015

HEROES DE NOVELA ROSA



 
               Hoxe si fai máis ca pingar. Hoxe chove. Chove sobre un tema musical de Milladoiro e sobre unha estrofa de Sabina. Cómpre que chova. Pero con moderación, con sentidiño. Non quero que me esnafre as uvas nin que un lóstrego me abra as entrañas. A pedra, o pedrazo, por onde pasa, arrasa. Chove sobre a chulería dalgúns políticos, sobre a cabeza duns cantos ignorantes e sobre as ideas de heroes de pacotilla. Gústame a palabra heroe, máis incluso que o seu significado. Gústanme os cornos en punta da lúa en cuarto minguante (ou crecente, é igual). Chove sobre os ollos claros de Adelaida, a muller que está soa xunto ó faro, e sobre o pelo cano de Eustaquio, o home que berra desde o alto do campanario. Chove máis que pinga. Hai uns días pingaba pero non chovía. Os anteollos están cerrados sobre a barra do bar e un chisco máis alá, ou sexa, fóra o sol xa quere asomar. Pois si, pouco a pouco deixa de chover. Tamén pouco a pouco algúns caen na conta da súa ignorancia e os menos seguen soñando con ser heroes de novela rosa. Pero sáelles negra. Unha pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario