martes, 23 de junio de 2015

CADA UN É COMO É




               Vou mercar dúas barras de pan. Sen pan non sei comer. Outros non saben comer sen o viño. Cada un é como é. Non todos somos iguais. Non. Uns somos máis parvos que outros, ou máis nugalláns, ou máis traballadores, ou máis responsables. Cada un é como é e ás veces como o deixan ser. Se queres ser atracador métente ó cárcere e pasas, entón, a ser preso. Se queres ser intelectual, bótanche fútbol e máis fútbol pola televisión e pasas a pertencer á masa. Iso din; o de que o fútbol coa intelectualidade lévanse igual de ben que a carpaza co lume. Eu opino que non ten nada que ver; pero ninguén me fai caso. Se queres ser habitante da lúa, poñen á túa disposición un burro de carga e, ale, búscate a vida. En que te teletransportas? Ou o que é peor: como alúas? Que casco lle pos ó burro? E se aterra el primeiro alá vai o burro coas noces, é dicir, o de un pequeno paso para o home transfórmase nun gran trote para o burro. Tamén hai que ser tortos: querer que vaia á lúa nun burro. Certo, cada un é como é... ou como o deixan ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario