viernes, 19 de junio de 2015

COAS CADEAS Ó PESCOZO


 
               Oito menos dez da tarde. Vai sol. Estou á sombra. Non chove. Unha pomba busca migas do que sexa polo chan. Uns ollos que se pechan. Os meus. Cansazo. Ou aburrimento. Ou sono. Ou nostalxia. Ou parvadas. Descanso para darlle o primeiro sorbo ó café. En tres sorbos xa foi. Pasaron cinco minutos das oito menos dez. Pequeno silencio na Valenzá. Por pouco tempo; xa unha moto se encargou de alterar a calma. Agora outra. E tres ou catro coches xuntos. A xente pasa. Os cans pasan. Coa xente, claro. Agora hai moita mascota de Cristo. Sigo sen asimilar os cans nas cidades; coas cadeas ó pescozo. Media vida vivindo cos cans soltos polo monte e por todas as rúas de Baños de Molgas. Había cans a moreas. E non pasaba nada. Agora... agora aínda que só sexa un, ten que andar atado e ben atado. O can, coma calquera ser racional, precisa da liberdade, de choutar, de brincar, de correr, de ladrar. O ser humano, se está sometido, vive nunha ditadura. O can vive baixo un ditador. Non asimilo os cans con cadeas. Oito e tres minutos da mesma tarde. Pobres cans! Pobres ditadores!

No hay comentarios:

Publicar un comentario