sábado, 20 de junio de 2015

SOÑEI QUE SOÑABA



              Deixei correr a tinta sobre o papel para encher un caderno de soños. Soñar é tan fácil. E tan bonito. Aínda que tamén hai soños negros. E amargos. E criminais. Soño sobre o lombo dun burro e xa penso que a vida é tan lista como ti queiras imaxinala. Soño sobre a carallada dun instante e confundo un disco de vinilo cos títulos de crédito dunha película. Quen puidera darlle a reviravolta á ponte vella de Baños de Molgas! Sería de verdade romana. Quen puidera asistir ó punto e aparte dunha pregaria política!; falsa. Enchín o caderno e non hai soño que non se soñe. Ata espertos soñamos co birlibirloque doutro soño. Non entendo nada da tinta que esborrancha todos os parágrafos dos contos. Corrín pola beira do río Arnoia abaixo e cando cheguei á Ponte das Cepas pensei que me pillaba o tren, malia apartei a tempo. Soñei que soñaba na meta dos recordos, pero vin que me quedaban atrás os soños melancólicos. A vida non é un soño, aínda que nos tiramos toda ela soñando. Porque soñar é bonito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario