Tal
como está hoxe o fútbol son partidario do VAR. Pero este tamén ten
fallos. Acabo de ver un fallo do VAR. Para ser fallo deste, primeiro
tivo que fallar tamén o árbitro. Fallaron os dous.
Partido
Real Sociedade-Xefate. Minuto 72, creo. Penalti a favor do Xetafe que
o árbitro non ve. Mata (o xogador do Xetafe ó que lle fixeron o
penalti ponse medio tolo) e case obriga ó árbitro a que consulte co
VAR. Os do videoarbitraxe din que non hai tal. Mal feito e mal
mirado. Todos os que estaban vendo naquel momento a repetición da
xogada vían
perfectamente que o porteiro da Real Sociedade lle daba no xeonllo a
Mata, polo que o derribaba.
Polas protestas, Mata conseguiu
levar unha cartoliña
amarela. Para
rematala.
E sen culpa ningunha.
Estou a favor do
VAR. Pero tamén erra. Creo que quen realmente matou
a emoción
o fútbol foi a moviola, a repetición das xogadas por parte das
televisións. Quizais os erros arbitrais fosen moi clamorosos antes
de repetir as xogadas, pero cometíanse para un lado e para outro
(con tendencia, por suposto, a tirar en contra
do máis modesto; porque o que ten o poder manda en todos os
conceptos da vida). Sen
repeticións, sempre quedaba a dúbida de se acertarían ou non. Ó
mellor tiña razón o árbitro. Ó mellor vimos nós mal. Pero,
agora, co VAR, si apreciamos máis os erros que cometemos uns e
outros.
Finca
Fierro. Domingo, 28 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario