As
malas accións deberían ser penalizadas ou castigadas
a conciencia.
E
despois intentar que non se volvan repetir. Pero vivimos nun país no
que é moi complicado impartir xustiza E cando se imparte, moitas
veces, é
máis, a maioría das veces,
faise mal. Non
é de recibo que a unha persoa lle metan tres anos de cárcere porque
en Oira seica acadou un botín de 200 euros,
cando polo maltrato a uns maiores na residencia
Los
Nogales, no
distrito Hortaleza
de Madrid, tan só lles poden caer ós tres
empregados que
os maltrataban
(Mónica
Moya Pérez, Bryan Israel Noboa Calle e María Josefa Trueba López)
entre dous e seis anos de cárcere. Non, así non se imparte xustiza.
Pero como se vai impartir se xa desde un primeiro momento pechamos os
ollos ante os acosos escolares e ante os tratos ás persoas da
terceira idade. Sabemos
que sucede todo iso. Os centros sábeno e miran para outro lado.
Segundo
a Organización Mundial da Saúde (OMS) o 33% dos velliños de todo o
mundo que están en xeriátricos sufriron abusos nos últimos anos.
Moi triste o dato. Aínda
que é moito peor o maltrato
no
propio fogar,
nas propias familias. Deste
fálase que pode alcanzar ata un 90%; que é moito máis triste o
dato. Cando
vemos que unha persoa non se defende ben, sempre tendemos a abusar
dela. E non digo nada se nos altera os nervios, se nos rilla na
paciencia. Ó non valerse por si mesmos, ós coidadores cústalles
deus e axuda axudalos, valla
a redundancia.
Eu mesmo, cando coidaba ó pai con alzhéimer notaba que a paciencia,
ás veces, era pouca. E berráballe. E rifáballe. Mais
digamos que era tan só unha
arroutada para
descargar un
chisco
a impotencia. Pero
de aí a zouparlle vai todo un mundo. Porque
coas labazadas van os auténticos insultos e a auténtica rabia.
Despois o peor aínda é saber que o entorno familiar ou os centros
de maiores son coñecedores dese maltrato. Por
iso me dá rabia que por auténticas accións desprezables,
abxectas
se castigue con tan pouca penitencia. E que por 200 euros te pases á
sombra tres anos. Non,
a xustiza non anda ben no noso país. A verdade é que nunca andou
ben. E, ollo ó dato, non dixen nin mu sobre os asuntos políticos.
Que
con estes a xustiza... (puntos suspensivos)
Finca
Fierro. Sábado, 13 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario