Sempre
intento sacar á
palestra boas novas sobre Baños de Molgas, pero entendo que, ás
veces, non queda outra que contar tamén o revés do meu concello, o
polo negativo dun desexo, dos meus desexos, é dicir, o clixé
ou anverso dun
personaxe molgués.
Tal
personaxe, Francisco Movilla, estaba de recluso no penal ou fortaleza
do Hacho. A fortaleza do monte Hacho atópase a uns 200 metros de
altitude sobre o monte do mesmo nome, dentro do termo territorial da
cidade autónoma de Ceuta. Tal recinto semella
que ten unha orixe antiga, quizais da época romana ou bizantina, os
portugueses conservaron a edificación e a construción actual débese
ós españois entre os séculos XVIII e XIX. No 1814, reinando
Fernando VII, foi cando pasou a un penal. E no 1912 saíron del os
derradeiros reclusos. O que significa que a historia de Francisco
Movilla é de primeiros do século XX, antes
do 1912.
En
concreto, o personaxe molgués asoma nas crónicas o 2 de marzo de
1908. Porque uns días antes, cando o preso baixaba do Hacho co
obxecto de que o recoñeceran no hospital penitenciario, seica armou
a do
demo e a mona, armou un desencravo.
Logo
das probas médicas e acompañado polo celador Francisco Ruiz
decidiron entrar nunha taberna, onde beberon ata emborracharse a máis
non poder. Cando saíron á rúa da Marina asomaron os típicos
xestos e palabras da embriaguez,
ou sexa, a liorta. Achegóuselles o confinado Sebastián Fernández
para poñer paz na
algarada.
Mal feito!, foi o que máis cobrou. E cobrou dúas puñaladas dunha
enorme faca que Movilla levaba consigo non se sabía onde. Naquilo,
tamén chegou
para calmar
os ánimos
e levalos ó penal outro celador chamado Vicente Vega. Pois
semellantes
feitos: dúas puñaladas da besta Movilla na rexión abdominal. Ós
feridos trasladáronos
ó hospital. Sebastián Fernández faleceu axiña e Vicente Vega
entrou
en estado agónico.
O
suceso causou
emoción e barullo en Ceuta, polo detalle de que non
é normal que certos presos anden soltos polas rúas coma se foran
persoas normais. E hai que recoñecer que Francisco Movilla, e a
pesar de ser estudante de medicina, non era normal. Non podía ser
normal cando estaba cumprindo condena por cometer a friorenta
de nove asasinatos. Aí é nada!
Finca
Fierro. Venres Santo,
19 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario