Collo
o camiño que me leva ó mar. Quero ver o mar.
O
camiño é longo. Dun par de días. Pero é igual. Paso a paso, legua
a legua, marco a marco irei avanzando. Sentarei nos valados dos
camiños ás sombras dos castiñeiros. Ou dos carballos. Négome a
sentar ante uns eucaliptos! Paso a paso atoparei labregos cos sachos
ó lombo. Legua a legua botareille
algún bocado ó pan e touciño que levo no
macuto.
Marco a marco medirei, á ollo (que é a mellor medida do mundo, case
sempre a máis exacta), as leiras de millo, ou de centeo, ou de
patacas, ou deses terreos nas que sementamos de todo.
Pouco a pouco achégome ó mar. Quero ulir o mar. Quero ver o mar. Quero escoitar o mar. Baixo a música de Jerry Goldsmith cruzarei aldeas e regatos e pontes e estradas e vías de ferrocarril. Coa forza musical de Thee Blind Crows choutarei por enriba dos atrancos que me impidan seguir o camiño do mar. Porque nos camiños, coma na vida, sempre hai, sempre haberá atrancos que hai que sortear. Uns custarán máis que outros; pero cando a ansiedade é moita facemos o imposible por deixalos atrás. A miña ansiedade por ver o mar é inmensa. Para, ó chegar alí, quedar todo un día e toda unha noite en silencio... escoitando o ruído do mar.

Finca
Fierro. Domingo, 14 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario