Pechei
os ollos e non vin nada. Para ver, o lóxico é ter
os ollos abertos.
Tamén
é verdade que algúns, ou moitos, aínda que os teñan ben abertos
non ven un burro ós tres pasos. Tamén é certo que, hoxe, é
complicado ver burros. Xa non hai os que había. Agora xa non hai
moitas cousas que había antes. Antes, por exemplo, na década dos
70. Ou o ano pasado. Dun ano para outro, dun día para outro
desaparecen moitos
recordos.
Ata os sentimentos. Que xa é bastante grave. Sempre nos quedará
“Blade
Runner”. A Humphrey Bogart e a Ingrid Bergman quedáballes París.
Que París é moito París.
Claro que tamén é certo que Sam non tocaba o piano nas Mestras, ou na Ansuíña. En Baños de Molgas, por suposto. Que se Bogie e a Bergman bailasen pola pista da Ansuíña, prometo que acaban abrazados ós carballos das Mestras. “Casabranca” é moita arte, pero Baños de Molgas é moito sentimento. “Tócaa outra vez, Chito”. E quizais unha das mellores películas de todos os tempos dálle paso a unha das vilas que vai moito máis alá dunha sensación con ollos pechados. Non digo nada xa cos ollos abertos. Cos ollos abertos tamén vexo “eses momentos que se perderán... no tempo... como lágrimas na chuvia. É hora de morrer”. Pero nin Blade Runner, nin Casablanca, nin Baños de Molgas morrerán nunca.

Finca
Fierro. Venres, 26 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario