miércoles, 17 de abril de 2019

VIVA O RURAL!

Faime graza a preocupación dos políticos por todo. Agora. Agora preocúpanse que nin o demo. Incluso do despoboamento. Agora. Agora que a maioría dos concellos xa están practicamente despoboados. Incluso algunhas capitalidades dos mesmos, que xa é dicir. Agora asoman rictos de preocupación nos seus rostros pola supervivencia demográfica. Que tristura amosan! Ata semella que lles doe. A poucos días das eleccións caen da burra, botan as mans á cabeza e din: “andaaa, os donuts”. Digo, as aldeas. Que están quedando sen xente. Ata hai uns días aínda había suficiente xente como para deixar correr o asunto. E deixouse correr.
Tamén se deixan correr, por exemplo, cruces perigosos ou curvas moi pechadas nas estradas ata que hai u accidente, unhas mortes. Entón si, entón tamén botamos as mans á cabeza e poñemos un semáforo ou ensanchamos a curva. Agora conságranse tanto ó despoboamento que, oe, ata están a poñer o rural de moda. Agora o rural é unha bicoca. En poucos días tres ou catro agricultores mozos póñense de exemplo. Non miran para os 15 ou 20 agricultores maiores que deixaron as explotacións porque xa non poden coa alma. A estes políticos nosos como lles gusta o rural; apagan incendios, acariñan vacas, rapan ovellas, cortan na leña. Viva o rural!

Finca Fierro. Mércores, 17 de abril de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario