Ando
na procura dun morto que se me perdeu cando estaba buscando os marcos
dunha leira que non coñecía moi ben.
O
morto xa cheiraba. Debía estar morto xa desde o ano da
polca.
Estaba nunha cuneta. Non sei que me daba deixalo alí. Xa bastantes
quedaron sen que se puideran recoller, ou recoñecer, moitas veces
nin se lles podía rezar. Eran outros tempos. Si, esa é a escusa
perfecta para seguir mirando cara á adiante. Para non furgar na
memoria.
Este morto, o meu morto recosteino contra un castiñeiro e fun buscar o marco que daba contra a leira de Ulpiano, O Recachado. O atopalo, cravei alí unha boa estaca para que se vise polo menos mentres eu vivise. Fun buscar ó morto para levalo para a outra beira da leira e a sorpresa foi maiúscula ó non o ver. Cheguei a desconfiar dalgún animal, pero pareceume estraño, pois non oíra nada. Deille catro voltas ó castiñeiro infrutuosamente. Empecei a desesperar. Non obstante, aínda espetei tres estacas máis nos outros marcos da finca; dúas no lado que daba ó eido de Valentín, O Variante, e a outra na outra punta da beira do Recachado. Ós cachos, chamaba polo morto. “Eh, morto, onde estás?”. Así. Porque non lle sabía o nome. Rezaba para que non volvera para a cuneta. Estas traen malos recordos ou malos tempos.

Finca
Fierro. Xoves, 4 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario