Os
nenos. Os nenos son inocentes, son puros, son malos, son rabudos. Os
nenos teñen todo bo, pero tamén son os que pagan o pato, os
que cargan co pandote.
O
sorriso dun neno vale por todas as bágoas que deixaches escapar por
algunha ou moitas das súas trasnadas. A ollada dun neno desármate
de tal maneira que non queda outra que debuxar na boca a súa
inocencia, a
súa felicidade, os seus xogos.
A
maior parte da nosa vida transcorre baixo a influencia dos
nosos nenos. Porque o teu fillo xa pode ter 70 anos que, como vivas,
seguirás a chamarlle neno; será o teu neno. Polos nenos sufrimos
horrores. E por desgraza vivimos nun mundo cheo de calamidades para
os nenos. Nunha guerra son os que máis levan as de perder. Nun
divorcio ou separación, por xeral, son as grandes vítimas. Nas
secas africanas son os máis débiles. En calquera situación
negativa creada polo home, polos gobernos, polos países, pola
sociedade o que máis paus leva é o neno, é a criatura indefensa
que, logo de mallala, bótase ós teus brazos para que lle deas calor
e cariño. Vémolo na propia maldade deles mesmos; que son crueis
de carallo cando queren, pero ós dous minutos xa xogan e se abrazan
co presunto inimigo. A inocencia vencendo á maldade. A perversidade
derrotada pola candidez
ou inxenuidade.
Emporiso,
o neno é o gran derrotado pola nosa indiferenza,
polo noso egoísmo, polo noso poder. A
proba é que millóns de nenos son vítimas de violacións de
practicamente todos os seus dereitos fundamentais, e
o que é peor, polas institucións pensadas para a súa protección
e, a miúdo, pola súa propia familia.
Por
iso é que non queda outra que eloxiar,
que gabar a iniciativa do CHUO ourensán (e
a de un hospital de Bilbao)
levando ós nenos ó quirófano
conducindo eses cochiños que tanto lles gustan. Non
lle curarán o mal, pero seguro que van máis tranquiliños, sen
estrés, sen tensións e sen bágoas
e, isto, xa fai por media anestesia. Polo
menos que teñan un chisquiño de felicidade dentro da súa propia
traxedia.
A
maiores de que ata os propios médicos traballarán con moita máis
calma.
Finca
Fierro. Venres, 5 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario