Dous
debates políticos polas televisións. Non vin ningún. E xa podían
celebrar un cento deles, que seguiría sen ver ningún.
Eses
catro candidatos non me
representan.
Polo que, por moito que os vise, non me convencerían. Porque xa
teñen falado moitas veces e teñen ordenado outras tantas e aquí
sigo, a velas vir. Se
os vira cabrearíame; e a escritura, a lectura e ver películas fanme
feliz. Optei por isto, claro. Non
quero meter a man no lume (por
iso de que non os vin), pero estou por apostar que ningún dos catro
nomeou a Galicia para nada. Entón, por que os vou votar? Se nos
deixarán das mans de deus. Sempre nos deixaron. Deixáronnos os que
podían facer algo por ser galegos e nin así.
Imaxino entón o que farán estes por nós. Despois si, despois
queixarémonos de que Galicia é o cu do mundo e Ourense o ollo do
cu. Coma sempre. Botaremos as mans á cabeza cando xa non hai
remedio. E facémonos lume nos ollos e non vemos o que nos fixeron, o
que nos fan e o que nos farán. E seguiremos, e
seguiremos a dar cornadas
ou zoupadas
contra o mesmo penedo. Desde
hai moitas décadas todos
os telexornais de todas as canles deberían iniciar todas as súas
edicións pedíndolle perdón a Galicia por todas as falcatruadas
que nos fixeron. Pero nós seguiremos coma heroes dándolle ó
penedo.
Finca
Fierro. Mércores, 24 de abril de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario