miércoles, 15 de mayo de 2019

A SANTÍSIMA TRINIDADE

Ruído na terraza. Quenta moito, case queima. Café sobre a mesa. Comín xa a galletiña que o acompaña. Agora císcolle o azucre, e remexo. O de remexo faime graza. Porque a palabra asimíloa axiña coa tradución literal: “me remejes el azúcar”. Certo, a que vén isto? Ai como estamos! Un libro galego sobre a mesa. Acabo de pillalo na biblioteca. Para o venres. O venres son as Letras Galegas. Para min, ese día é sagrado. Teño tres días no ano que son sagrados, coma a Santísima Trinidade: o 6 de agosto, San Salvador, patrón de Baños de Molgas; o 8 de setembro, o Día 8 en Os Milagres; e o Día das Letras Galegas.
Neste día só escribo en galego. Incluso no feisbuq (que adoito traducir certos comentarios), o 17 de maio e sentíndoo moito polos casteláns que me seguen, non hai tradución que valla. É o noso día. O día dos que amamos a nosa lingua. Eles enténdeno (os casteláns), moito mellor incluso que algúns que presumen de galegos. Pasan os coches. Os coches que pasan tamén fan ruído. A xente fai máis ruído. Temos fama de falar a berros. Os nenos que pasan aínda fan máis ruído. Pero son nenos. Ós nenos todo se lles pasa por alto. Eu polo menos. Gústanme os nenos. Gozo cós nenos. Amo os nenos. De algún lado chégame o son de Ennio Morricone. É un ruído. Pero os ruídos musicais son bonitos.


Café Brétema da Valenzá. Martes, 14 de maio de 2019
Finca Fierro. Mércores, 15 de maio de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario