Xacobe
Hebraico Segundo era avogado. Pero tiña fama de avogado da lareira
ou avogado de cagar entre o millo.
Porque
dicía que defendía ós pobre, e non sabía distinguir entre pobres
e ricos. Xacobe Hebraico era fillo dunha humilde familia de labregos
que tan axiña como chegou á universidade esqueceuse de onde
procedía. Non fora o demo que... Así é que se deu unha certa
importancia entre os círculos do seu barrio, que non eran outros que
catro poetas, seis pedichóns e unha ducia de señoritos. El pensaba
que eran señoritos. Pero a verdade era que simplemente se tiraban o
día sentados ó sol e estaban a velas vir. Estes
señoritos coñecían a Xacobe polo alcume de O Avogado das
Silveiras. E creo que foi porque unha vez, ante catro cafés e media
ducia de cervexas, confesoulle ós presentes que había no gran café
do barrio, non sei que do marco que había entre unha silveira.
Fíxoselles un chisco de historia sobre a simboloxía dos marcos nas
divisións das leiras, que non era trompo na uña, ou sexa, moco de
pavo; ata tal punto de asistir á xuízos por leas ou incluso
asasinatos por un puto marco. Por
certo, isto non lo confesou ós oínte, pero en todos os xuízos nos
que participou sobre asuntos de marcos, perdeunos todos. Non
obstante, el sempre tiraba para adiante.
Finca
Fierro. Mércores, 8 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario