Non
che sei dicir se o protagonista dun conto debería morrer ou non ó
final do mesmo.
Estou
cansado de que os protagonistas sempre leven as de ganar. Claro que a
culpa é do autor. Aínda que, tamén poderían revelarse algunha vez
os personaxes, digo eu. Sería bonito ver ós personaxes das novelas
andar na procura dos biosbardos, por exemplo, ou andar ás cegas. Ata
o malo máis malo se lle podía poñer farruco ó autor. “Oe ti, ti
a min non me matas, porque te fulmino”. Habería que ver a reacción
do autor.
Tamén é verdade que hai autores que non saben controlar ós seus personaxes. Póñenos aí, entre as liñas ou os parágrafos, e ale, que se busquen a vida, que se escriban eles mesmos o guión. Entón case é normal que se descontrolen. Ou que nós, os lectores, non os saibamos atopar. Ou descubrir. Menos mal que o lector, a maioría das veces, adoita ser máis intelixente que o autor e incluso que os propios personaxes. E mirade que hai personaxes moi intelixentes. Tras esta esperpéntica parola, sigo a dicirche que realmente non sei que faría co personaxe principal do conto ou da novela. Hai que pensar na sensibilidade do lector. Se matamos ó protagonista, ó mellor o lector chora. E tampouco é plan de amargarlle o momento, a ilusión, a emoción. Así é que... ti mesmo.

Finca
Fierro. Venres, 10 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario