Non sei, pero dáme que a partir de
agora, a partir deste barullo causado no fútbol a causa das apostas
ilegais, este deporte imos ter que velo doutra maneira. Penso que nos
temos que empezar a acostumar a ver un fútbol ficticio, finxido. O
típico: cando falla un porteiro (que ten todo o dereito do mundo a
fallar), será porque fallou realmente ou será por deixarse meter un
gol? Cando un defensa se queda curto nun pase ó porteiro ou a algún
compañeiro e o equipo contrario marca gol, será porque atinou mal
na forza do pase ou porque realmente quería que a pillase o
dianteiro? Si, vai ser moi complicado descubrir se é fútbol real ou
ficticio, fútbol legal ou vendido.
A verdade que esta redada vaille facer moito dano ó fútbol. A non ser que optes polo ficticio... foi gol, e punto, que máis dá que fose desta ou daquela maneira. Non queda outra que optar por este desinterese. Porque se nun fallo empezas a pensar mal... mira que non hai fallos. Pero é que visto o visto, é coma para pensar mal. Xa se pode mover a Federación e castigar duramente estas falcatruadas, pois senón o fútbol vai quedar coma un deporte ancestral. Ata nas declaracións dos propios xogadores quedará agora a dúbida da verdade. Iso de por amor ás cores vai ser difícil asimilalo. Amor ós cartos, iso si.

Finca Fierro. Xoves, 30 de maio de
2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario