O
ser humano é torto. É torto por natureza. E porco. E nugallán. E
desinteresado. Levo
uns días fixándome no aparcadoiro do Mercadona de A Valenzá e a
xente deixa os carriños que usou para apañar a compra como lles dá
a gana.
Si,
porque agora temos a vantaxe de que non lles puxeron as famosas
cadeas de enganche e que tiñamos
que desenganchalos metendo unha moeda, ou ben de 0,50 euros ou ben de
1 euro. Digo que temos a vantaxe porque, ás veces, non tiñas
ningunha desas moedas e había que perder tempo cambiando billetes
nas caixas. Non
obstante, creo que esa vantaxe vai ser por pouco tempo; a non ser que
nos portemos como persoas civilizadas. Como non nos
portaremos como
persoas civilizadas (porque
non somos persoas civilizadas),
os do Mercadona terán que retroceder de novo no tempo para
engancharnos os carros. Pois se non o fan, os tortos, porcos,
nugalláns e
desinteresados deixaremos
os carros polo aparcadoiro adiante, sen importarnos para nada que
ocupen prazas nas que poderían meterse os coches. Imaxino a
situación: “eu xa fixen a compra... o que chegue que se busque a
vida”. Porque custa horrores, logo de meter as bolsas no maleteiro
do coche, de levar os carriños ós lugares dispostos para a
súa situación.
Finca
Fierro. Xoves, 2 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario