O
título vai que nin pintado. Porque
moitas veces éme moi complicado escribir este Recuncho pola
transición que vai dunha semana a outra.
A
transición débese porque adoito escribilos, como máis tardar, os
sábados pero non se len ata o luns.
Nesta
transición, neste intervalo hai unha nova (a máis importante de
todas) que aínda non aconteceu, pero que, ó ler isto, xa está máis
que solucionada. Falo
das eleccións, por suposto. Tamén houbo outra á que si lle
conseguín ver o punto final polo detalle de que esperei
a que rematase o acontecemento.
Falo da final da Copa do Rei entre o Barcelona e o Valencia, que
acadaron os valencianos por 1-2. Sobre o asunto das eleccións,
recoñezo que me amola bastante o non poder comentar nada porque nada
sei. E estas, principalmente as municipais, si que me interesan
bastante porque penso que son as que máis me poden influír,
repercutir; en Barbadás porque é onde vivo e en Baños de Molgas
porque aí empezou todo, é todo e será sempre todo. Na
transición hebdomadaria direi que oxalá ganen
os meus e que oxalá ganaran os meus. E
se non ganaron os meus, polo menos que non ganaran os outros. A
bo entendedor...
Da
nova que si tiven tempo para pensar e preparar algo dela foi a
consecución do segundo premio máis importante que se concede no
festival de cine de Cannes (e olliño, que estamos a falar do
festival cinematográfico máis importante do mundo, é dicir, que os
Oscars comparados coa Palma de Ouro son unha trapallada): o premio do
xurado na sección Unha Certa Mirada, que foi para a película “O
que arde”, do Oliver Laxe. Vale, un premio, un premio moi
importante. Pero o gran detalle está en que a película é galega e
presentouse en galego, por moito que lles pese a algúns. Impuxemos o
galego en Francia! Que empecen os de Galicia Bilingüe a clamar ó
ceo.
Por
certo, estes que tanto defenden o castelán por que non claman contra
a TVE e a Federación Española de Fútbol, que en plena Copa do Rei
(un
torneo netamente español)
anunciaban
que tal xogador recibira unha Yellow
Card
(tarxeta
amarela) e que por dúas veces houbo Cooling
Break
(pausa para hidratarse ou beber). Se
o puxeran en galego dirían que ata a TVE impuña esta lingua.
Finca
Fierro. Sábado, 25 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario