Xa
sei que é repetirme o de falar unha semana máis da Liga de
Campións, pero... doeume tanto o do Ajax! Moito máis que a
eliminación do Barcelona, e por moito que quixese que pasase este á
final. Sufrín horrores vendo o Ajax-Tottenham.
Os
holandeses pecaron de inocentes. Normal, eran e son rapaces. Xa llo
dixera ó meu fillo antes de iniciarse o partido: como lles marquen
un gol, non aguantarán a presión. A
partir do
minuto 58, cando
o Tottenham marcou o segundo gol, os
pobres rapaces non souberon cortar o ritmo do partido, a avalancha
que se lles botaba
enriba. A esa alturas xa podían optar por cambras
nas pernas, ou
simular algunha outra lesión, algún golpe, aínda
que fose mentira. Simplemente
para cortar
o ritmo! Nada; eles a tirar para adiante. Collían o balón na súa
área e lanzábanse coma feras, coma
frechas
cara á portería rival; iso aínda que só atacasen dous ou tres.
Buscaban o gol e esquecíanse da pausa, da calidade tocando o balón,
que a tiñan, e moita. Non eran capaces de devolverlle
a pelota
ó
seu
porteiro. Incluso na derradeira xugada, cando aínda o balón estaba
preto da área dos inglés, non foron capaces de provocar unha falta.
Que máis daba a aquelas alturas que a algún dos xogadores lle
ensinasen unha cartuliña amarela! Pecaron de inocentes, de
inxenuos, de
falta de experiencia. Certo que estes golpes encalecen ou
curten
a un... Pero é que sería tan ilusionante verlle xogar unha final da
Liga de Campións a un equipo de gardería... Si, é verdade que o
equipo inglés fixo un gran segundo tempo, pero foi grazas á
inocencia pura e... infantil do equipo contrario.
Empezaba
o Recuncho Hebdomadario da semana pasada dicindo que por fin remataba
toda
a chafallada
das eleccións e empezaba a Liga de Campións. E este Recuncho é ó
revés: que o remato despedindo a Liga de Campión e que... volven as
eleccións! Outras eleccións, pero coa mesma rutina, coas
mesmas trapalladas
das anteriores: páxinas e páxinas nos xornais, mitins, declaracións
e, iso si,
mentiras, moitas mentiras. Ou
moitas promesas que, ó final, non
se cumprirán. Polo que serán... mentiras.
Finca
Fierro. Sábado, 11 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario