E
agora que? No momento de escribir estas liñas aínda non rematou por
completo a liga e xa teño mono de fútbol. O que significa que na
publicación das mesmas, aínda o terei máis porque xa
definitivamente a liga queda para o recordo, para as estatísticas e
para a historia.
E
agora que? Porque para máis aquel, este verán non hai nin Eurocopa
nin Mundial. Todo un verán sen fútbol! Eu mesmo recoñezo que a
estas alturas estou saturado de fútbol, pero, ai deus, ata finais de
agosto... uff. Si, aínda queda a final da Copa do Rei e a final de
Liga de Campións. Esta, a moitos, poida que non lles
interese porque non hai ningún equipo español. Pero, ai señores, é
una final da Liga de Campións, que futbolisticamente falando, son
palabras maiores.
Palabras
maiores e alucinantes
foi as que escoitei o sábado pola tarde pola radio do coche. Estaban
retransmitindo e falando da final da Liga de Campións feminina entre
o Olympique Lyonnais e o Barcelona, que ganaron as francesas por
4-1. E falaban da xogadora norueguesa Ada Hegerberg, actual ganadora
do Balón de Ouro, comentando que
non asistiría ó Mundial de Fútbol feminino por decisión propia. A
súa selección semella que si vai. E tal decisión seica é para
protestar pola desigualdade que hai entre o mundo futbolístico
masculino e o feminino. Foi
entón cando un dos cronistas dixo algo que me deixou alucinado: que
por ganar unha Liga de Campións masculina, ó equipo vencedor (este
ano o Liverpool ou o Tottenham) danlles 19 millóns de euros e, pola
contra, ó Olympique Lyonnais acaban de recompensalo
con tan só
250.000 euros. A ver, entendo que o fútbol feminino non xera os
ingresos dun masculino; pero é que a diferenza é abismal. É que
nin tan sequera alcanza o medio millón de euros! Como para dicir
que, polo menos, algún millón. Pois nada, nin medio millón.
Chapeâu
para a rapaza esa, que, ollo ó dato, perderse un Mundial non é moco
de pavo. Si, poida que algúns pensen que iso é unha pallasada (en
referencia á protesta);
pero moitos preguntaranse que por que non está nun Mundial toda unha
Balón de Ouro?
Que é o que está fallando? O que fallou, falla e fallará durante
moito temo: o machismo en todos os ámbitos da nosa sociedade. E no
deporte aínda máis. É triste, pero... aínda
que nos custe admitilo: somos machistas.
Finca
Fierro. Sábado, 18 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario