Rematada
xa toda a chafallada
política das eleccións (os pactos para formar goberno seguro que
esperarán a que finalicen as municipais) e mentres uns lamben as
feridas e os outros bailan sobre as tumbas daqueles,
un
servidor desconecta duns e doutros para falar de fútbol e do que
cadre. Sen se queixar, por
favor,
que xa levaba moito tempo sen falar sobre o deporte das masas. É que
rematadas as eleccións, asomou polas pantallas televisivas a Liga de
Campións. A Liga de Campións que, en semifinais, xa son palabras
maiores. A pesar de que haxa un equipo que xogue practicamente con
menores, con nenos, que semellan máis unha gardaría
que un gran equipo europeo. Pero non queda outra que asimilar que o
Ajax, hoxe en día, é un xardín
de infancia.
Hai que ter perendengues
que en plena semifinal do mellor trofeo das ligas europeas asome
polos campos de fútbol un capitán de equipo con tan só 19 anos.
Ata case me dan ganas de dicir que oxalá ergan o trofeo aínda que
sexa en detrimento do Barcelona. Digo eu que será o Barcelona
porque, grazas a un deus terreal,
o máis seguro é que consiga chegar á final. E se non consegue
pasar cun 3-0 a favor, será porque entón non merecerá tal mérito.
Pero
si sería bonito contemplar un partido, o partido da final, entre uns
meniños
e un deus. Por certo, non será necesario dicir o nome dese deus, ou
desa estrela que brilla máis alá do propio firmamento.
E
cambiando de terzo,
comentarei que, aínda que el o levaba ben, ten que ser algo triste
ser todo un personaxe e que ninguén te coñeza. Á estrela
futbolística coñéceo todo o mundo, a esta cinematográfica case
non o coñecía ninguén. Estou a falar de Peter Mayhew. De quen? De
Chewbacca,
o querido
e
entrañable peludo acompañante de Han Solo nesa serie galáctica.
Peter
Mayhew morreu o pasado martes na súa casa de Texas ós 74 anos de
idade. Aínda que el era británico, nado
en Barnes, Londres. Medía sobre 2.20 e empezara no mundo do cine
como o Minotauro de “Simbad e o ollo do tigre” (1977). Ó rematar
volveu ó seu traballo nun hospital, pero un dos produtores deste
filme quedouse cos seus datos, que axiña pasaron a pertencer a todo
unha
icona
galáctica:
a Chewbacca.
Finca
Fierro. Sábado, 4 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario