Terrible
a ascensión ó ceo daquel que pensaba que todo era subir.
Non
se imaxinaba que todo o que sobe, baixa. Por moito fillo que fose de
quen era. Non tardou en baixar, claro. E a aterraxe foi aínda máis
tremenda
do que se pensaba. Non se pode ir pola vida arrastrando fama de
listo,
espelido e intelixente. Todos caemos desde as alturas se non temos a
que agarrarnos.
Todos temos medo ante o descoñecido. E todos presumimos ante aqueles
que se senten inocentes. Aínda que ás veces, estes, saben disimular
a súa inocencia. Pero os soños... Como soñar é tan bonito.
Ascendemos se fai falta ata o sétimo ceo ou ata máis alá do universo. Logo, a realidade ponnos no sitio apropiado, nesa aterraxe que nos esmaga os miolos, a intelixencia, a presunción e a bravura. Unha coraxe falsa, claro. Porque xa no medio da ascensión entendemos que, máis tarde ou máis cedo, hai que caer. Que non queda outra que encomendarse ó espírito da salvación, por se esta chega. Pero hai certas alturas que van máis alá dunha hipotética salvación. O trompazo será de primeira división. Ou de desfeita humana. Deberiamos analizar mellor os nosos actos antes de lanzarnos á aventura daquilo que non coñecemos a fondo. Ir de bravos pola vida, ás veces, ten os seus reveses, ten as súas aterraxes nese campo de aviación chamado a realidade. É bonito ascender ó ceo pero cun bo paracaídas no entendemento.

Pizzaría
Vivaldi de A Valenzá. Luns, 12 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario