Alguén
lle preguntou a un gandeiro como era o seu día a día.
Iso
case é
coma preguntarlle a un nugallán como é o seu vivir. Que pouquiña
cabeza hai para certas preguntas! Iso non se lle pregunta a un
labrego! Se lle preguntase se tiña algún día de lecer... Seguro
que coa súa contestación xa lle estaba dando resposta á anterior.
O labrego non ten acougo, non
ten repouso!
Polo que o día a día normal é o de erguer cedo e non parar de
traballar ata o momento en que se vai á cama. Non hai horarios nin
treboadas nin sol que abrasa nin, por suposto, ganancias; tan só
sangue, suor, ás
veces bágoas e
volta a empezar.
Hoxe mesmo caio na conta de que o traballo do labrego é esgotador, case un inferno. Ás seis da tarde quenta aínda que nin o demo. Pois ben, se non deixase a viña como a deixei, agora mesmo andaría baixo este sol enramando ou dando o sulfato. Porque levo algo así coma un diario e leo que durante estes días ou, mellor dito, desde outubro ou novembro, desde que se empeza a poda, practicamente todas as tardes andaba alá traballando, e cando tiña esas mañás de permiso por asuntos propios, pois ídem de ídem; para a viña marchabamos a suar e, ás veces, deixar sangue. O día a día do labrego nin ten horarios e nin ten descanso. Por non ter, non ten nin tempo para soñar esperto. Cae na cama esgotado e reza unha oración para que a climatoloxía se porte.

Café
O Chicote da Valenzá. Martes, 27 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario