Vindo
de camiño para o lugar no que estou déuseme por determe sobre unha
baldosa concreta para contarlle os cadriños do seu debuxo.
Tiña
exactamente 64. Nin 63 nin 65; xustos 64. Déuseme por aí. Ás veces
fago cousas sen sentido (si, ás veces perdo o xuízo). Outras, e
aínda que as faga con sentimento, con conciencia, rematan non tendo
tampouco sentidiño ningún. A ver, non todos somos perfectos. Xa o
dicía un dos protagonista de “Con saias e a rachar”. A vida é
complicada para moitas cousas. Para case todas. Menos mal que a vida
é tan só un suspiro. Se non, estariamos perdidos. Logo de contar os
cadriños da baldosa e cando me cansei de estar sobre ela, pois tamén
se me deu por poñerme en marcha. Fíxeno e camiñei... pois, non
sei, uns bos metros.
Ata que me atopei cunha pomba que bulía de aquí para alá, na procura de algo, dunhas migas de pan ou duns mosquitos asasinados polos frontais dos coches para levar ó seu bandullo. Case quixen falar con ela, coa pomba, pero deume vergonza. A vergonza, coma o medo, é libre. E dándome vergonza falar co animal, non me quedou outra que contemplala tan só. Era bonita. Todas son bonitas. Claro que, comparándoa cunha rula... A rula é moita rula. Púxenme de novo ó camiño e cando cheguei ó lugar no que estou sentei a tomar un café e esquecinme de todo. A vida, ás veces, tamén debe ser un esquecemento perpetuo. Se non, estariamos perdidos.

Café
Brétema da Valenzá. Martes, 20 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario