Ríome
eu da treboada que quere caer sobre a aldea na que vivo desde hai
media década, ano arriba ano abaixo. A min a chuvia tenme medo. Por
iso eu avanzo e ela ou torce para un lado (dá igual o esquerdo coma
o dereito) ou queda atrás. Tenme medo.
Ás
veces ben vexo que descarga onde menos fai falta, pero eu aí xa non
podo facer nada. Non obstante, si me gusta que de cando en vez pingas
de auga caian sobre a miña cabeza. É aí cando deixo que se me
achegue (tamén me dá igual por que lado sexa), ou incluso son eu
mesmo o que vou na procura dela. Isto só adoita acontecer no verán,
neses momentos nos que abafas e desexas de corazón que unha pequena
treboada caia sobre a túa alma. Porque hai calores que matan.
Mais, agora mesmo, cando o tempo nin me chista nin me fede, non me apetece mollarme, e chegou unha simple ollada cara ás nubes negras que asomaban polo horizonte para que estas torcesen para un lado (en concreto, o dereito) e me deixasen en paz. Elas foron coa música a outra parte, digo coas pingas de auga e eu si quedei co “American Woman”, de Guess Who. A min a chuvia sempre me tivo moito respecto; ou ben porque me acollía debaixo dun castiñeiro ou ben porque lle cantaba un “cara el sol” que tremían todas as pingas de auga do universo. Hai melodías que deixan a un tremelicando.

Finca
Fierro. Luns, 26 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario