Coches
que dan voltas na rotonda. Mozas que pasan barullando.
Cadeiras
de nenos que circulan pola beirarrúa. Tempo que está. Tempo que
foi. Tempo que virá. Son as sete e cuarto da tarde. Corre un pouco
de aire. Nubes brancas no ceo. Ruído dunha moto á que lle xeme o
tubo de escape. Cousas sobre a mesa. Mesa na beirarrúa, na terraza
dun bar que está aquí, en fronte mesmo dos
meus ollos. Porque eu estou na terraza. Escribindo. E esperando.
Mentres espero, desespero. Mentira! Porque eu, mentres espero, mato o
tempo. Escribindo.
O sol que se acocha por detrás dos edificios que tamén teño de fronte. Catro mesas ocupadas. Coche dunha autoescola que pasa. Risas dun grupo de mozos que están algo afastados, á esquerda. Unha muller que lle conta a outra non sei que dun límite e dunha área de descanso. Conversas ás que non quero atender, pero os tons das voces... Xa se sabe a fama que temos. Din que falamos moi alto. Confírmoo. Eu mesmo falo alto. Porque ás veces é bo rachar o silencio que nos arrodea. Aínda que, iso si, sempre é marabilloso estar en silencio, vivir en silencio, xemer incluso en silencio. Para iso non me importa matar o ruído. Porque onde hai silencio hai pensamentos que flúen con calma, con sosego. Son as sete e media da tarde. Tempo que está. Tempo que foi. Tempo que virá.

Bar
A Pedreira da Valenzá. Mércores, 28 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario