Sempre
pensei que me sentiría divinamente sentado nunha nube de algodón.
Pero para subir a ela foi como facer camiño ata o monte Calvario.
Cheguei canso, claro.
Porque
xa me cansara hai ben anos cando realizara
a ruta da cruz, é dicir, a ruta de Xesucristo coa cruz ó lombo. Eu
fixera o mesmo: cargara coa cruz, cunha cruz de madeira de carballo
(que non é o mesmo que se fora de piñeiro, por exemplo) e fixen
todos os víacrucis do Noso Señor, os que marca a biblia, creo. A
maiores de chegar cos ombreiros todo esfolados e practicamente en
carne viva (porque a dor era tanta que tiña que cambiar dun ombreiro
para o outro), ó final do camiño non sentía as pernas. Agora
entendo o de Sylvester Stallone para interpretar a Rambo: tivo que
realizar a mesma ruta turística. Ser será turística, pero é ben
fodida.
Digo
que subín á nube de algodón para sentar nela e contemplar o
panorama. Pouco puiden axexar, guichar (outra nube gris ó lonxe,
unha nave espacial fungando, unha estrela fugaz caendo e un avión de
pasaxeiros que, estes, non crían o que estaban vendo) porque a
canseira era tal que só se me pechaban os ollos. Non obstante, con
forza, con consistencia, con vontade empreguei o meu tempo vixiando o
espazo sideral e tramando algunha ruta turística semellante á do
monte Calvario. Hai que ser sufridos!
Bar
A Pedreira da Valenzá. Venres, 9 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario