O
venres pasado acabei de ler o libro (por certo, moi
bonito) “A filla esquecida”, do autor
cubano Armando Lucas Correa, que aínda que é unha novela, está
baseada sobre feitos reais que aconteceron na Segunda Guerra Mundial,
máis en concreto, sobre o holocausto. Rematada xa a novela, o autor
explicou un pouco
o asunto sobre o buque que na noite do sábado do 13 de maio de 1939
levantou áncora
do porto de Hamburgo con destino á Habana. Ían no barco 937
pasaxeiros e a maioría deles, por suposto, refuxiados
xudeus alemáns.
Semella que estes refuxiados tiñan os permisos para desembarcar que
emitira o director
xeral do Departamento de Inmigración de Cuba. Mais resulta que o
presidente cubano, Federico Laredo Brú, emitiu o decreto 937
(nomeárono así precisamente polo número de refuxiados) invalidando
os citados permisos. Empezou aí a peregrinación
duns seres vivos que simplemente fuxían da guerra e
dese cancro alemán chamado nazismo. Estados Unidos tamén lle negou
a entrada ó buque, ós refuxiados. O mesmo fixo Canadá. Así
é que ó Saint
Louis non lle quedou outra que regresar
a Europa, ou sexa, naquel momento, ó inferno. Tiveron sorte os 287
que aceptou Gran Bretaña. Porque, os demais, recollidos por Francia,
Bélxica e Holanda, caeron nas mans das SS, cando a Hitler se lle deu
por querer conquistar todo o que puido de Europa.
Toda esta odisea
entra neste Recuncho porque, na actualidade, estase desenvolvendo
outra moi semellante co buque da ONG Open Arms, que leva máis de 15
días esperando para poder atracar cos seus inmigrantes. Ningún país
europeo quería dar os permisos. Precisamente
países que viviron nas súas carnes o éxodo masivo de emigrantes ou
de refuxiados
de guerras. Países que, non hai moitos anos, masacraban ós
africanos polas súas terras, polos seus produtos, polos
seus minerais. Chupáronlles o sangue e
agora non son quen de darlles só que sexa unha codia de pan ou un
lugar onde durmir. Non temos humanidade. Nunca a tivemos. Os Gobernos
europeos ven esta calamidade máis en plan político que en plan
humanitario. Sábese que a
política dá mellores réditos. Miseria humana!
Finca
Fierro. Sábado, 17 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario