A
preocupación quere arrabuñarme os fiordes
do pensamento. Dun tempo para acá noto como a xenreira se quere
instalar na meniña do ollo dereito e o amor na meniña do ollo
esquerdo. Axiña pensei que tal asalto moi ben se podía dar a causa
das miñas ideas políticas. Pero resulta que cando lle peta, a
meniña do ollo dereito vese asaltada polo cariño e, non obstante,
na meniña do ollo esquerdo quen quere furar, penetrar é
a hostilidade.
Non
entendo nada. Ou si entendo que esas transformacións, eses cambios
non teñen nada que ver coa política. A verdade é que quedei un
chisco aliviado. Pero claro, só con respecto a esa materia, pois iso
de que as meniñas dos meus ollos anden bailando con certos
sentimentos déixame algo así como preocupado, inquieto.
Eu lembro que antes, antes dese tempo para acá, mirábame ó espello e vía as meniñas grises e bailando en tal caso de felicidade ou, algunhas veces, de sono; pero nunca con certa substancia gris que me deixou, que me deixa apampado ou frío coma eses fiordes que descansan na miña intelixencia (se é que a teño). É normal entón que teña unha certa preocupación. Quéirase que non, os ollos son para ver e mirar, pero nunca para intentar dilucidar en que lado está a bondade da vida ou a maldade da conciencia. Ou en tal caso, cando se pechan, non lles queda outra que soñar. Agora mesmo, as meniñas dos meus ollos están pechadas e... soñando. Porque soñar e bonito.

Finca
Fierro. Sábado, 24 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario