Estou
algo cansado. A praia cansa bastante. Aínda que, mellor dito, o que
esgota é o sol.
Por
iso eu nunca fun moito de praias. Eu son máis de montaña, máis
rural. Certo que, de cando en vez, ir un chisco á praia non está
mal. Perdón, quizais debería dicir: o mar. Isto si, isto xa é
outra historia, outro cantar. Podo facer coma hoxe: ir á praia e
acompañar á muller, que como non pode tomar moito o sol, axiña nos
puxemos
os dous á sombra dar árbores que hai á beira da praia. E desde alí
foi
cando me atopei
na gloria... porque escoitei
o mar. Esta
si que é unha gozada! Escoitar o ruído do mar! Por
iso tamén dei un paseo, goldrando; para refrescar os pés e escoitar
con máis forza o ruído do mar, desas ondas que veñen e van. Desas
ondas que, se mirabas moito para elas, mareaban. Pero que bonita
sensación. Ata ó calo lle notei melloría! O resto do tempo:
estomballado á sombra, durmindo, comendo bocadillos e, como non,
lendo. Lendo de tal maneira que cando fun buscar o libro ó coche (xa
lera dous xornais), aparecín con dous. É que un sabía que o
remataría alí mesmo. E alí mesmo o rematei. Non empecei o outro
porque axiña apareceron os rapaces para rematar “o día de praia”.
Pero, e se tardan
máis? Como ía estar moito tempo sen ler! Póñome moi nervioso se
non teño nada para ler. Agora estou canso (do sol, de conducir, de
estar sentado), pero feliz (por
escoitar o mar).
Finca
Fierro. Xoves, 22 de agosto de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario